Agotadas todas as botellas de Coca Cola coa Muralla de Lugo

La Voz LUGO/LA VOZ.

LUGO CIUDAD

07 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Os museos de Lugo agotaron xa as botellas de Coca Cola conmemorativas do décimo aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade, nunha iniciativa que levan a cabo o Concello, a través de Lugo10, e a empresa Begano.

Case 200 botellas do popular refresco repartíronse dende o luns nos museos romanos municipais. A maioría foron entregadas a lucenses que visitaron os museos expresamente para poder facerse con algunha das botellas pero tamén se fixeron con elas grupos de visitantes que descoñecían a iniciativa.

A empresa Begano colabora coa difusión da Muralla nesta iniciativa que puxeron en marcha en colaboración con Lugo10 que supuxo unha tirada inicial de 3.000 botellas de Coca-Cola envoltas nunha etiqueta coa Muralla de Lugo.