O Círculo das Artes de Lugo acollerá o vindeiro sábado, día 24, a partir das oito da tarde, o segundo Festival de Voces graves para o Camiño Xacobeo, organizado polo Orfeón Xoán Montes. Ademais do anfitrión, no certame actuarán o Coro Villa de Navia de Luarca, integrado por 25 compoñentes, e o Coro Tutto Voce de Segovia, un grupo semiprofesional de moito prestixio formado por oito voces masculinas e que «merece a pena escoitar», segundo destacan os organizadores.
Cada unha das tres formacións corais interpretará cinco pezas de música popular. O concerto conta co patrocinio da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e a entrada sera gratuíta.
Superar éxito primeira edición
Os impulsores esperan repetir e mesmo «superar» o éxito obtido na primeira edición do festival, que se celebrou hai agora un ano. Máis de cincocentas persoas presenciaron entón a actuación musical dos orfeóns de Villarrobledo e Inespal (A Coruña).