Desde Ribadeo á Academia

B. Lázare

LUGO CIUDAD

05 sep 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Luz Pozo Garza naceu no 1922 en Ribadeo, vila na que pasou os sete primeiros anos da súa vida ata que a súa familia se trasladou a Viveiro. Tras pasar dous anos en Lugo, onde comezou o Bacharelato por libre, con 17 anos trasladase a Marrocos e retorna a Viveiro en 1944. Tras obter o título de Maxisterio en 1946, varios periódicos e revistas publícanlle os seus primeiros poemas, editando o primeiro libro, Ánfora , en 1949.

Ao ano seguinte é nomeada correspondente da Real Academia Gallega, na que ingresa no 1996; obtén os títulos de Piano e de licenciada en Filología Románica, aproba a oposición de profesora de Bacharelato e trasládase a varios destinos.

Dirixiu varias revistas e recibiu premios, á vez que foi publicando libros chegando a ser a autora dunha larga bibliografía na que figuran obras como Verbas derradeiras , Galicia ferida ou Tres poetas medievais da ría de Vigo .