Declarou que o escrito era unha copia feita por el

La Voz

LUGO CIUDAD

18 may 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O día 30 de novembro de 1946 no lucense Hospital Civil de San José, Emilio Golás declarou que o manifesto era unha copia feita da súa man, tomada dun texto que lle dera un tal Edelmiro, de Madrid, o enlace da agrupación de Lugo, e que uns papeis en branco co selo comunista, entregárallos Enriqueta Otero, detida no mes de febreiro do ano en curso. E nese día 30 morreu.

Así resulta das dilixencias instruídas con motivo de ter resultado ferido o bandoleiro Emilio Golás Rodríguez, a consecuencia das feridas recibidas por disparos de arma de fogo, verificadas por forza da Garda Civil, ao proceder a repeler a agresión de que era obxecto por parte do mencionado bandoleiro, cando rodearon a casa na que se ocultaba para proceder á súa captura, resultando igualmente feridos unha cuñada chamada Dolores Moure López e un fillo da mesma, de curta idade, Enrique Golás Moure, de cuxas resultas faleceu.

Así reza a versión oficial contida na instrución seguida neste caso.

De outra maneira bastante diferentes se contaron as cousas na comarca de Sarria e Emilio Golás ocupa páxinas de creacións literarias nas que esa versión é ben diferente, e cecais máis achegada a realidade dos feitos.