Un fillo adoptivo de Santiago que non renuncia a Palas

La Voz

LUGO CIUDAD

06 abr 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Natural da parroquia palense de Moredo, Jesús González Serén pasou a infancia en Felpós e foi a escola de Moredo. Vive en Santiago e incluso é fillo adoptivo, pero non renega de seu lugar de nacemento, ao que regresa sempre que pode pero con moita frecuencia, e incluso participa activamente na vida comunitaria. Un grupo de palenses nados na década dos 50 celebra anualmente a larpeirada , unha comida a que por suposto asiste. Hai pouco unha asociación invitouno a falar das escolas de A Ulloa, e tamén asistiu a actividades sobre mámoas e sobre o patrimonio da comarca.

Tras rematar a etapa escolar, estudou no Instituto Lucus Augusti e no Seminario Diocesano. «Teño que agradecerlle a miña preparación para o ingreso no instituto a mestra dona Fe García, e tamén ao cura don José Meijome, que tanta axuda prestou para que foramos a Lugo, convencendo aos meus pais dos que, obviamente, tamén teño que eloxiar o esforzo que fixeron o mesmo que o resto da familia», asegura.

Ingresou no Maxisterio no ano 1970, e desde o 2000 traballa no Museo Pedagóxico de Galicia, ao que se integrou cando non pasaba dun proxecto. Tamén fixo Xeografía e Historia na especialidade de Bibliotecas e Museos.

«Estou facendo un traballo que non solo coincide coa miña profesión e gustos persoais, senón que me permite contactar con estudosos do mundo dos museos da educación, e desde ese punto de vista síntome privilexiado porque estou como nun observatorio.»