- ¿Hai calidade lingüística na literatura?
-Incrementouse moito o seu cultivo, pero na miña opinión, nos escritores hai pobreza de léxico, deficiencia de sintaxe e na oratoria, que xa non existe, fálase un galego castelanizado. Os intelectuais de antes, Risco, Castelao, Otero Pedrayo... falaban un galego culto, rico de léxico e fermoso, baseado no popular pero con visións cultas. Hai que cultivar o idioma con amplitude, con vitalidade e non con normas.