Idealismo fronte ao poder

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO CIUDAD

NO OUTEIRO | O |

28 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

POR MOITO que o desexemos, as cousas avanzan paseniñamente. E hai cousas que nunca cambian. Iso fai que ás veces, malia o transcorrer do tempo, observemos que diante nós seguen os mesmos atrancos para facer da sociedade unha máis equitativa. Explícome. Os lectores lembrarán que hai poucos días presentábase a reprodución facsimilar da revista Yunque, unha publicación do ano 1931 cuxo espírito podería valer para a xuventude actual. En Yunque participou o mellorciño da intelectualidade do Lugo aquel, malia que iso non impediu a súa curta vida. ¿Por que? Por un lado, porque defendía un ideal enfrontado co poder establecido. Quería cambiar a vida e o entorno das persoas dun xeito integral, mesturando cultura e política. ¡Que cousas! Pola outra banda, que resultase tan efémera debeuse tamén á falta de cartos que sostiveran tal atrevemento. Pois ben, que os seis números de Yunque se xuntaran de novo débese á teima de Claudio Rodríguez Fer. Cando lle preguntei se hogano Yunque tería mellor sorte que entón, contestoume taxativo que sufriría as mesmas dificultades. E é que ao poder nunca lle gustou ser criticado; é dicir, debilitado.