O olveirense, un campión galego con 150 rallies e 44 gañados

La Voz

LUGO CIUDAD

13 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

A biografía de Manuel Senra Caamaño, nado o 24 de xaneiro do 61 en Olveira, é unha continua sucesión de títulos. Casado e con dous fillos, o seu debú na competición produciuse no mes de xuño do 83; en rallies, no Ciudad de Ferrol de 1985, e no nacional, no San Froilán de Lugo do 88. En total, disputou neste tempo máis de 150 rallies, dos que gañou 44, 38 deles en asfalto e seis en terra. O palmarés é o seguinte: empezou co kárting cun Ruiz Bultaco de 250, seguiu no 85 co debú na montaña e rallies cun R-5 GT Turbo. No 88 quedou segundo na Copa Renault de Galicia, proba que gañaría ao ano seguinte. No 90 logrou a primeira vitoria absoluta no ralli de terra de Narón cun Peugeot 205 GTI, o que repetiría no Recalvi no 91. No 92 foi subcampeón galego de rallies de asfalto co Peugeot 309 GTI 16V; no 93 e 94, campión galego de rallis de terra co 205 GTI, e no 97, campión galego de montaña co Peugeot 306 Maxi, un coche que xa non deixaría ata agora. No 99 e no 2000 quedou subcampeón na mesma categoría, e entre o 2001 e o 2005, campeón galego de rallies sen parar. Ata o ano pasado, que non o foi, pero en cambio si o foi de montaña. Ademais, Manuel Senra é un coñecido empresario da automoción na zona.