Adega entrega na cidade de Lugo os premios Osíxeno e Dioxina

La Voz LA VOZ | LUGO

LUGO CIUDAD

20 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

?dega celebrará mañá en Lugo a súa cea anual de Nadal, na que se fará entrega dos premios Osíxeno e Dioxina que outorgan, respectivamente, á mellor actuación ou actitude ambiental e á peor actuación do ano. Os galardoados co premio Osíxeno son os voluntarios en defensa do monte galego que actuaron en Vilagarcía, Forcarei e Monforte. O premio Osíxeno individual recaerá no apicultor de Quiroga, David Corral, «por manifestar publicamente a súa delicia pola presenza do oso pardo nas terras do Courel aínda que lle causara perdas económicas». O galardón colectivo Dioxina recaerá sobre os incendiarios, mentres que o premio individual será para o rexedor de Barro, Xosé Antonio Landín «pola súa actitude insolidaria durante a catástrofe dos lumes e as súas actuacións urbanísticas agresivas entorno do río Barosa». Os premios entregaranse nunha cea na que os socios aproveitarán para facer balance da súa tarefa ao longo deste ano. O banquete será no mesón Frade II. Poden anotarse no teléfono 982 240 299 ou 981 570 099.