Satisfacción

LUÍS MARTÍNEZ-RISCO DAVIÑA

LUGO CIUDAD

CALPURNIA | O |

27 ene 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

HABERÁ quen opine que é unha tontería. Que se trata, simplemente, dun recoñecemento simbólico. Que máis ten, dirán eles, ser unha reserva da biosfera. Son, con certeza, os que pensan que nesta vida somentes conta o premio metálico. Incapaces, pobres, de ollar alén dos réditos bancarios. Os que opinan que non hai progreso senon é destruíndo a natureza. Renegando, quen sabe os motivos, dunha terra á que lle negan futuro nunha actitude suicida que só conduce a ningures. Mais, afortunadamente, hai quen pensa que esta terra, a nosa, ten futuro. E que este pasa, forzosamente, por respectar o noso entorno. En amar as veigas e os soutos, as gándaras e lameiros, as fragas e carballeiras nas que, dende tempos inmemoriais, os nosos devanceiros traballaron para domala, aprendendo a convivir con ela para tirar o maior proveito que, amorosamente, Galiza sempre deu. Esta foi, e é, a nosa riqueza. En Allariz, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos, souberonno ver. Para eles o recoñecemento é unha satisfacción. Para nós, os que amamos esta terra, tamén.