LICOR DE HERBAS | O |
10 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.NADA LITERARIO lle semella a un falar de piensos nos artigos. Nin que o trafegante de piensos leve gorriña neoliberal, nin que os ratos dean conta do produto. Nada de nada literario. Cando unha enfermeira me vén ver ao apartamento eluardiano e lle confiro que o apartamento está algo revolto, ela resposta que non me preocupe, Manuel, que hai pisos por aí adiante, por ises mundos de Deus que dan veradedira mágoa de desorde, suciedade e desastre. Cando eu falo de comermos, xantarmos cun mantel tendido sexa el de liño ou tela pois refiro unha forma, xeito ou maneira de vivirmos. O escritor ou plumeiro refire que aínda é preciso escribir nos xornais marcando pautas de cómo se debe vivir, cun xeito mínimo de vida limpa, sana e delicadiña. De limpeza, orde e certa sensibilidade artístico-estética da vida. Por outra parte e contra o choio dos piensos que non teñen iles nadiña literario, nin as ratas e ratos. Por certo, que Aldecoa fala das ratas de Madrid cando Madrid era unha viliña. Dicir que aínda que un queira ir ao cinema pois atopa que non hai boas películas para ver, non hai nada de interese. Son correntes e molientes do día a día, do vivir hodierno. Do hoxe. redac.lugo@lavoz.es