Ourense acolle unha nova proba da competición galega de rallies

La Voz LA VOZ | LALÍN

LUGO CIUDAD

23 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

Tras un mes longo de parón, o Campionato Galego de Rallies volta hoxe ás estradas coa celebración do segundo Ralli de Ourense-Baixa Limia no que participarán 117 pilotos. José Manuel Martínez Bamarti parte desde a primeira posición da liña de saída co antigo Peugeot 306 Kit Car de Toño Villar. Na súa cabeza está acadar a que sería a súa primeira victoria da tempada. Un desexo que se vería facilitado pola ausencia do virtual campión galego, Manuel Senra, que vén de renunciar a este e ao Rali de Lugo sabedor de que cunha actuación discreta nas dúas derradeiras probas do calendario autonómico o título será seu. Pola súa parte, Javier Martínez Carracedo defende o liderato do Grupo X.