Cronista oficial

MANUEL XOSÉ NEIRA

LUGO CIUDAD

TRIBUNA | O |

22 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

DÉRONSE pra cronista oficial da cidade de Lugo, tres nomes: Felipe Arias Vila, Adolfo de Abel Vilela e Xulio Xiz Ramil. Opino que quen máis méritos encarna pra o devandito posto ou cátedra ven sendo Felipe Arias Vila. ¿A razón? Trátase dun coñecedor obxectivo e permanente, sesudo il, do periodo castrexo e da romanización, algo do que está falta a sociedade galega, un pobo que queira non queira é celta ate os calzóns. Na cidade de Lugo istes períodos son absolutamente preeminentes nos estudios e investigacións. Como sabemos, Lugo é a cidade de Galicia con máis pedigrí romano. O segundo: Abel Vilela paréceme que é experto no Medioevo. O Medioevo coido, está tamén mui estudiado e non deixa de ter interese oficioso e popular, de reconstrución histórica. Velaí temos o asunto do mercado medieval que se fai polo San Froilán nas portas da catedral, nisa fermosa praciña, un pouco a expensas ou da man do ilustrado Adolfo de Abel Vilela.Home ao que tampouco lle restan méritos pra ter ou adquirir o posto de cronista oficial, e sería un avance para Lugo. Non obstante, coidamos que, polas circunstancias e necesidades, a prioridade cae da parte de Felipe Arias Vilas. Xulio Xiz Ramil, batería co máximo problema cal é que moitos documentos da historia contemporánea de Galiza non viron a lus. Velaí está o fondo de Edicións do Castro e a súa Documentos para a historia contemporánea de Galicia. A historia débese comenzar polos cimentos. Debemos situar na cátedra a Felipe Arias Vilas.