«Hai amigos dunha lealdade forte, que provén da memoria»

Entrevista | Xesús Fraga O xornalista narra na súa última e premiada novela unha historia de amizade entre dous mozos e que se desenvolve ao longo de varias décadas


lugo

? terceiro libro publicado por Xesús Fraga, sempre en Xerais, foi o gañador do Premio Rubia Barcia-Cidade de Ferrol 2003. Un paso máis na traxectoria deste xornalista que sabe deixar de lado o mundo da noticia cando afronta a creación literaria. Onte acudiu á Feira do Libro de Lugo para falar de Solimán .-¿Volve de novo ao mundo da memoria?-Creo que a xente está influenciada polo seu pasado. Os protagonistas da novela viven un presente condicionado polo que xa viviron. Incluso algún personaxe chega a dicir que se tivese tomado outra decisión cando era novo, houbéralle ido mellor na vida.-É unha obra que vén marcada pola amizade.-Si, falo dos amigos que aínda que se separan durante longo tempo, hai unha lealdade forte que provén da memoria. Hai referencias no cine, como Reencontro ou Os amigos de Peter . Pero é un xénero que hai que ter coidado con el e non caer no das reunións nostálxicas.-Amizade da infancia.-A que nace sendo adulto é unha opción, unha escolla concreta. Os amigos da infancia veñen impostos, por ser compañeiros na clase ou por xogar na rúa con eles. Non queda máis remedio que acabar sendo amigos e entón búscanse afinidades. Nace un sentimento forte, que che fai lembrar cando eras cativo.-¿Quixo facer un libro xeracional?-É unha historia de rapaces que medran, por iso pode ser lido dende calquera idade. Tratei de non cargar detalles xeracionais, tipo Mazinger Z o La abeja Maya , pero si está nun marco identificado por todos, con acontecementos relacionados co seu tempo.-¿Non inflúe nas súas novelas o seu traballo de xornalista?-Procuro cando me sento a escribir literatura liberarme do día a día. Permíteme escribir dunha maneira que no xornal non podo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«Hai amigos dunha lealdade forte, que provén da memoria»