O estradense Manuel Sanmartín gaña a súa quinta Copa Galicia de tiro

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo LALÍN

LUGO CIUDAD

A súa actuación en Pontevedra converteuno ademais no campión autonómico da regularidade

09 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

? supremacía no tiro galego segue a ser cousa dun único home. O estradense Manuel Sanmartín Gómez vén de gañar en Pontevedra a Copa Galicia un ano máis, e xa van cinco. Fíxoo na súa derradeira oportunidade para renovar a categoría de primeira, ó pecharse o calendario de tiradas programadas a 125 pratos pola Federación Galega de Tiro Olímpico. Sanmartín obtivo unha puntuación de 120, superando o 119 que precisaba. O tirador da Estrada xa vencera nas edicións de 1997, 1998, 1999 e 2001. As tres primeiras déronlle a súa primeira Copa Galicia en propiedade, un trofeo ó que só teñen dereito aqueles deportistas en poder de tres edicións consecutivas ou cinco alternas. De feito, Manuel Sanmartín é o único que posúe o preciado trofeo autonómico, e postúlase coma firme candidato a obter o segundo ó acumular os títulos do 2001 e, agora, do 2003. No máis alto Pero é que ademais, o tirador de Tabeirós-Terra de Montes proclamouse no campo de Pontevedra campión galego da regularidade 2003. No seu haber está o ter sumado un único punto negativo nas diferentes competicións puntuables. Isto é, os campionatos provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, o Campionato Galego de Foxo Olímpico e a Copa Galicia. Nelas tivéronse en conta as catro mellores tiradas de cada aspirante ó título sobre 125 pratos, adxudicándoselle ó vencedor cero puntos e sumando os demais tantos puntos coma pratos de diferencia o separasen da actuación do primeiro. Sanmartín recibíu onte a felicitación do concelleiro de Deportes e Xuventude da Estrada, José Antonio Maceiras, pola súa brillante tempada.