«A filosofía é ir sempre por detrais do que di a demanda»

La Voz

LUGO CIUDAD

A PRODUCCIÓN

10 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

Vender o que se produce. E non producir o que se vende. Este adaxio forma parte da filosofía de Cerámicas Sargadelos, cun volume de negocio anual cifrado polo seu xerente nuns dous mil millóns de pesetas. Santiago Sineiro suliña a reducida producción da fábrica, moi por detrais da demanda do mercado. Sargadelos é unha firma consolidada internacionalmente e sen competencia no sector cerámico, «sobre todo pola súa singularidade». Sargadelos fabrica e comercializa pezas ornamentais e vaixelas. Hai obras numeradas, que xa integran coleccións públicas -«as mellores son as do Museo de Lugo e o de Pontevedra»- e de particulares -«destacan a de Adolfo de Abel Vilela e o escultor lucense Varela Villamor»-. Conta cun gabinete propio de deseño, que non exclúe a colaboración doutros autores. A Sineiro múdalle o xesto ó falar de elitismo. «Sargadelos é todo menos iso, porque os seus creadores presumen de ser xente de esquerdas».