Máis de 1.500 quilos de tenreira galega para degustar en Láncara

LÁNCARA

PENOUCOS

A festa será hoxe na Pobra de San Xiao

01 may 2018 . Actualizado a las 10:36 h.

Hoxe • Todo o día • A Pobra de San Xiao (Láncara) • 

A Pobra de San Xiao celebra hoxe o día grande da XX Feira Degustación da Tenreira Galega de Láncara, na que se degustarán máis de 1.500 quilos de tenreira galega, que se servirán ao caldeiro ou á grella, por 14 euros a ración. A carne irá acompañada de queixos feitos con leite do municipio, ademais de pan e bebidas.

A festa completarase con música, sorteo de tenreiras, concursos de gando, postos de produtos autóctonos e, como novidade, produtos da horta e postos de cervexa ecolóxica.

O programa de actos é o seguinte:

· 11.00h. Pasarrúas musical

· 11.30h. Apertura das exposicións

· 12.30h. Recepción autoridades

· 12.15h. Visita aos postos de produtos do agro, carne, sidra, queixos, mel e horta