A Deputación leva investimentos de 1,1 millóns de euros ao Concello de Láncara

O goberno provincial achegou 190.966 euros que permitiron a contratación de 16 traballadores


Os máis de 2.700 os veciños do Concello de Láncara beneficiáronse do investimento que o Goberno da Deputación fixo en dito municipio lucense durante un ano e medio, por valor de 1,1 millón de euros. Foron, concretamente, 650.00 euros os que o Executivo Provincial destinou a mellorar a calidade de vida dos veciños, que se engaden aos 500.000 que o Presidente da Deputación comprometeu para a mellora da estrada de San Xiao a Carracedo.

Sobre a xeración de emprego,  o Goberno Provincial achegou 190.966 euros que permitiron a contratación de 16 traballadores. Trátanse dos fondos dos plans en impulso do emprego que o Executivo da Deputación puxo en marcha para facer fronte ao paro. Entre estes traballadores, podemos subliñar a contratación de peóns de servizos múltiples ou un monitor de ocio e tempo libre.

Servizos Sociais. O Goberno da Deputación presta atención profesional a 18 maiores do Concello, que a Xunta de Galicia non atende. O Executivo provincial faino a través do Servizo de axuda no fogar a persoas non dependentes e da teleasistencia gratuíta. Faino cunha achega de 43.500 euros.

Mellora de Infraestruturas: Ademais da mellora de acceso a núcleos rurais de Vilarello, Armeá de Abaixo, Ronfe, Sobrerriba, Bustocedrón, Armada, Villouzan, Cabezais, Louseiro-Toldaos, Monseiro; é preciso subliñar a importancia das melloras que se executarán  na LU-P-2704 da Pobra de San Xillao a Carracedo; así como o inicio da humanización da zona próxima á estación do tren coa dotación dun novo parque infantil.

O Executivo Provincial ten reservados 500.000 euros para o arranxo de máis de 2 quilómetros da LU-P-2704 de San Xiao a Carracedo. As obras consistirán no ensanchamento da vía, na mellora do firme con aglomerado en quente, na limpeza de cunetas e no incremento da sinalización vertical e horizontal.

Novas dotacións. O goberno da deputación destinou 72.000 euros para novas dotacións publicas no Concello lancarés, para mellorar os servizos públicos dos veciños. Con estes fondos, instalouse unha báscula de pesaxe de camións no cruce de Lamagrande, dotouse de nova iluminación e dunha pista multideportiva á zona do Club Fluvial.

Turismo e Cultura. O Executivo Provincial investiu 12.000 euros para impulsar a actividade turística, cultural e deportiva do municipio. Fíxoo cunha axuda de 3.000 euros para a XIX edición da Feira Degustación da Tenreira Galega, sendo a única administración colaboradora con este evento, ademais de 9.000 euros á organización de actividades como concurso de postais, a cabalgata de reis, Entroido, Magosto, programación musicais, clases de baile, ximnasia, fútbol, piragüismo...entre outras moitas axudas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Deputación leva investimentos de 1,1 millóns de euros ao Concello de Láncara