Guntín é o gañador do Xanela Fest: verbena pagada o día 17

La Voz MONFORTE / LA VOZ

GUNTÍN

O alcalde de Guntín, Ángel Pérez, e a responsable de atención comercial e eventos de A Túa Xanela, Soraya Varela cun cartel do Xanela Fest
O alcalde de Guntín, Ángel Pérez, e a responsable de atención comercial e eventos de A Túa Xanela, Soraya Varela cun cartel do Xanela Fest A TÚA XANELA

A empresa A Túa Xanela financiará a actuación da orquestra Cinema nesta localidade lucense

12 oct 2025 . Actualizado a las 20:25 h.

Guntín é a localidade gañadora do concurso Xanela Fest, co que a empresa A Túa Xanela sorteaba unha verbena entre todos os participantes. Guntín era un dos máis de corenta concellos que optaban ao premio.

O venres 17 de outubro, será escenario do do Xanela Fest, que terá como acto principal o concerto da Orquestra Cinema. A resolución do concurso foi presentada esta semana en Guntín polo alcalde dese Concello, Ángel Pérez, e por Soraya Varela, a responsable de atención comercial e eventos de A Túa Xanela.

O prato forte do festival será a actuación da Orquestra Cinema, que tomará o escenario á media noite. En calquera caso, a festa comezará máis cedo, ás 23:30 horas, cos DJs Jairo LQ e Casanova, que serán os encargados de quentar a atmosfera e poñer ao público a bailar.

A programación non se esquece dos máis pequenos. Haberá espazos con xogos inchables para nenos e nenas, que estarán dispoñibles en dous horarios distintos: dunha parte, de 17:30 a 19:30 horas, e doutra, de 23:30 a 1:30 da madrugada.

A elección de Guntín como sede non foi casual, senón o premio ao gañador dun concurso ao que se presentaron máis de 40 concellos. O proceso de votacións estivo aberto dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto, e Guntín logrou manterse na primeira posición dende o inicio.

Aínda así, a competición foi intensa, con varios aspirantes intentando arrebatarlle o liderado. Os finalistas que completan a lista dos cinco primeiros clasificados, por orde, foron Monterroso, Padrón, Brión, Taboada e Chantada.