O Goberno da Deputación inviste nun ano case 800.000 euros na mellora de servizos públicos de Guntín

La Voz

GUNTÍN

CEDIDA

O executivo provincial destinou 385.000 euros en accesos rurais; saneamentos; traídas de auga , alumeado público  e locais sociais. 

04 sep 2017 . Actualizado a las 18:41 h.

O Goberno da Deputación inviste nun ano case 800.000 euros na mellora

de servizos públicos de Guntín

O Goberno Provincial achegou un investimento de 785.200 euros destinados á mellora das

dotacións públicas, dos servizos sociais e do emprego de Guntín, na procura de mellorar a

calidade de vida dos 2.800 veciños deste municipio.

Dentro das melloras en accesos municipais que se levaron a cabo con 285.000 euros atópanse

traballos realizados en Sear a Vilarcabreiro e de Mosteiro a Outeiro, xa finalizadas. Con outros

100.000 euros melloráronse os camiños aos núcleos de Lamasalgueira e San Paio; a

instalación de 10 novos puntos de luz LED no centro da vila; así como saneamentos e traídas

de auga, especialmente no rural.

Tamén se procedeu á rehabilitación do local social de Santo Estevo da Mota, que consistiu no

acondicionamento das dúas plantas deste edificio que a Asociación de Veciños utiliza de cotío

para a organización de diferentes actividades lúdicas e culturais.

84.000 euros en novos postos de traballo

Ademáis xeráronse 5 novos postos de traballo en Guntín a través do DepuEmprego e o Ben

Empregado, pois O Goberno Provincial asume con máis de 84.000 euros os custos laborais de

novos profesionais que traballan en empresas da zona e no propio Consistorio, reforzando os

servizos públicos municipais.

Máis de 23.000 euros para benestar

O Executivo Provincial xera neste municipio máis empregos coa achega de máis de 23.000

euros que permiten a contratación de traballadores para ofrecer 1.068 horas de atención

profesional a 17 maiores, aos que non atende a Xunta de Galicia. Por este motivo, o fai o

Goberno da Deputación co seu Servizo a Domicilio a non dependentes e da Teleasistencia

gratuíta.

Case 300.000 euros máis

Todas as citadas actuacións foron con cargo ao orzamento 2016. O Goberno da Deputación xa

aprobou un investimento de 291.159 euros para continuar con este traballo de mellora dos

servizos públicos de Guntín. Con este orzamento, está prevista a reparación do terreo de xogo

no campo de fútbol, a mellora das redes de saneamento de Guntín e Lebesén ou a mellora de

accesos de Moreiras a Rego, de Ourol de Arriba a Pista Mougán, e de Gomelle a Liz, entre

outras actuacións.

Así mesmo, prestarase atención profesional a un mínimo de 48 maiores; xeraranse outros 4

empregos; dinamizarse o turismo co pulo á Festa do Pemento de Mougán, ao tempo que se

fomentará o deporte base a través das Escolas Deportivas Municipais, onde se uimparten clases de fútbol sala, patinaxe ou aeróbic, entre outras moitas actividades.