O comercio de Guitiriz repartirá 2.250 euros

Laura López LUGO / LA VOZ

GUITIRIZ

Cartel da campaña do comercio en Guitiriz
Cartel da campaña do comercio en Guitiriz CEDIDA

A campaña de Nadal celebrarase ata o 5 de xaneiro

06 dic 2021 . Actualizado a las 12:22 h.

O Concello de Guitiriz, en colaboración cos comerciantes e empresarios do municipio, puxo en marcha a súa campaña de promoción do comercio local para este Nadal, «Mercar no Concello de Guitiriz ten premio», na que se repartirán 2.250 euros. Son un total de 44 os comercios do municipio que se sumaron a esta iniciativa, que se levará a cabo ata o 5 de xaneiro. Cada establecemento, que repartirá rifas desde o número 000 ata o 999, entregará aos seus clientes un premio de 50 euros que deberá consumirse nese mesmo negocio. Os gañadores serán aqueles cuxa papeleta coincida cos tres últimos números do primeiro premio da lotería do Neno.

Os locais participantes son Anitta Chic, Mosquito, Librería Castaño, Expendiduría Guitiriz, Peluquería Borea. Foto Suso, Droguería Cheno, Sanjurjo Moda, Restaurante La Casilla, Supermercado Día, Supermercado Froíz, Supermercado Gadis, Mercería Entrefíos, Feixe, Sara Sangiao Estilistas, Peluquería Angeles Costa, Sonycar, Guitisport, Panadería Gómez, Panadería La Esquina, Ferretería Amador, Ialar, A Badorna, NR Saúde, Foto Kantero, Florístería Teixido, Videotel, Peluquería Zalois, Lanas El punto, Salón Amanda Vázquez, Peluquería Silvia Pardo, Frutería La Maja, Carnicería Vitorio, Carnicería Juan López, Peluquería Roberto Amor, Pastelería Nimbos, Casa Pepe, Bar O Korreo, Casa Gaibor, Bazar Fei Xian, Joyería Roibás, Café Centro, Casa Nistal, Coluga.