Guitiriz impón a cita previa nas oficinas municipais polo crecemento de casos de covid-19

A alcaldesa pide ao Sergas un cribado ante o incremento de casos no municipio, con 31 afectados

Centro de saúde de Guitiriz
Centro de saúde de Guitiriz

lugo

A atención nas oficinas municipais de Guitiriz faise estes días con cita previa. A decisión foi tomada polo goberno local polo recente aumento do número de casos de covid-19 neste concello. Os que desexen acudir deben chamar antes ao 982 370 109, pero tamén se recomenda que os desprazamentos á Casa do Concello se reduzan o máis posible. 

O goberno local do Concello de Guitiriz reuniuse o domingo para tomar unha serie de medidas con respecto á evolución da situación epidemiolóxica polo aumento do número de positivos por covid-19 no municipio, que segundo o último dato aportado é de 31 persoas. Entre as medidas acordadas está o peche do Punto de Atención á Infancia (PAI) e do centro de día. Por outra banda, quedan interrompidas a celebración dos mercados semanais, que teñen lugar os mércores, e as actividades na aula de novas tecnoloxías. 

O PAI quedará pechado co obxectivo de non correr riscos ao detectarse no centro un positivo por covid-19. No caso do centro de día optouse polo peche por precaución e para protexer  ás persoas usuarias, aínda que os traballadores continuarán acudindo para atender calquera cuestión que fose necesaria. Queda suspendido tamén o servizo de conciliación familiar, que se leva a cabo no comedor do CEIP Lagostelle na modalidade de mañá e tarde, para evitar posibles contaxios. Despois das vacacións de Entroido o goberno local avaliará a situación para retomar estes servizos se é posible.

Por outra banda, e co mesmo obxectivo, a dirección do CEIP Lagostelle tamén decidiu suspender o servizo de comedor. Modifícanse ademais os horarios de transporte, que sairá do centro ás 14:50 horas polo que as familias terán que estar nas paradas a esa hora para recoller ao alumnado. Para os alumnos e alumnas do pobo mantense o mesmo horario de saída.

Cribado para detectar posibles asintomáticos

Ademais, a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, solicitou ao Sergas que se leve a cabo un cribado nas zonas do Concello nas que se se está a dar unha maior incidencia da covid-19 para detectar posibles asintomáticos.

Marisol Morandeira fixo un chamamento á veciñanza recomendando «desde o Concello que só salga das súas casas para o estritamente imprescindible e sempre tomando as medidas de prevención, só co esforzo de todos conseguiremos baixar a incidencia». 

A AMPA de Guitiriz recomenda non levar os nenos ao colexio

la voz
Exterior del colegio de Guitiriz
Exterior del colegio de Guitiriz

Sinalan nun comunicado que hai cinco positivos e que a mellor protección é aproveitar esta semana para unir aos días de Entroido como confinamento contra o virus

A AMPA do colexio de Lagostelle de Guitiriz emitiu un comunicado no que conforma cinco positivos entre o alumnado. O Centro xa contactou coas familias e mestras, aos que lles toca pasar unha corentena de 10 días. Asimesmo estas familias están sendo xa contactadas polo Sergas para ir realizar as correspondentes PCRs.

«Tamén se deu algún positivo entre as coidadoras-voluntarias do comedor. Por iso entre onte e hoxe estánselles facendo as PCRs a todas. Á espera de coñecer todos os resultados, e por precaución, o Centro cancelou o Servicio de Comedor durante a próxima semana», sinala a asociación de pais e nais.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Guitiriz impón a cita previa nas oficinas municipais polo crecemento de casos de covid-19