A Deputación de Lugo mellora a estrada que une Guitiriz con Sobrado dos Monxes

La Voz

GUITIRIZ

Obras de mellora feitas na estrada LU-P-2302 que une Guitiriz con Sobrado dos Monxes e feitas por Taboada y Ramos
Obras de mellora feitas na estrada LU-P-2302 que une Guitiriz con Sobrado dos Monxes e feitas por Taboada y Ramos CEDIDA

Taboada y Ramos executou a reforma de seis quilómetros ao seu paso por Mariz, onde o organismo provincial investiu preto de 200.000 euros

08 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Deputación de Lugo levou a cabo a mellora da pavimentación con aglomerado en quente na estrada provincial LU-P-2302, a vía que une Guitiriz co Concello de Sobrado dos Monxes, na provincia da Coruña, ao seu paso por Mariz.

As actuacións —que executou a empresa Taboada y Ramos, unhas das firmas con máis experiencia no sector da construción de infraestruturas— realizáronse nun treito de preto de seis quilómetros, entre os puntos 3,5 e 9,2. A Deputación investiu para esta obra de rehabilitación do firme preto de 200.000 euros.

Obras de mellora feitas na estrada LU-P-2302 que une Guitiriz con Sobrado dos Monxes e feitas por Taboada y Ramos
Obras de mellora feitas na estrada LU-P-2302 que une Guitiriz con Sobrado dos Monxes e feitas por Taboada y Ramos

A empresa adxudicataria, tras realizar os traballos de limpeza de cunetas e a pavimentación con aglomerado en quente, procedeu logo ao incremento da seguridade co repintado da sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas.

Con estas actuacións, a Deputación continúa mellorando as comunicacións viarias entre todos os veciños e veciñas da provincia de Lugo, garantindo a igualdade de oportunidades e favorecendo a dinamización do sector da construción, e en consecuencia o tecido económico.

Obras de mellora feitas na estrada LU-P-2302 que une Guitiriz con Sobrado dos Monxes e feitas por Taboada y Ramos
Obras de mellora feitas na estrada LU-P-2302 que une Guitiriz con Sobrado dos Monxes e feitas por Taboada y Ramos

Durante as obras de execución, o presidente da Deputación de Lugo acudiu in situ a coñecer o estado da vía que comunica a capitalidade de Guitiriz co municipio coruñés. José Tomé subliñou que con estas actuacións a Deputación segue avanzando «nun dos nosos principais obxectivos, como é a mellora das comunicacións viarias, necesarias para aumentar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e favorecer a igualdade de oportunidades e o reequilibrio territorial».

Obras de mellora feitas na estrada LU-P-2302 que une Guitiriz con Sobrado dos Monxes e feitas por Taboada y Ramos
Obras de mellora feitas na estrada LU-P-2302 que une Guitiriz con Sobrado dos Monxes e feitas por Taboada y Ramos

Pola súa parte, a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, quixo agradecer ao presidente da Deputación de Lugo o investimento económico que a institución provincial está a realizar no seu municipio. «Este apoio é moi importante para que Guitiriz siga crecendo e para aumentar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas».

A Deputación, ademais da citada vía cara Sobrado, tamén mellorou en Guitiriz a Rúa Mercado (LU-P-2301) e a LU-P-2305, da N-VI a Parga.