El presidente de Protección Civil de Guitiriz: «Nós estamos dispoñibles as 24 horas do día»

María Guntín
María Guntín LUGO / LA VOZ

GUITIRIZ

Jesus Fonte, nuevo presidente de Protección Civil de Guitiriz
Jesus Fonte, nuevo presidente de Protección Civil de Guitiriz OSCAR CELA

Jesús Fonte explica que los voluntarios son los primeros en llegar al lugar cuando hay un accidente

29 nov 2020 . Actualizado a las 19:42 h.

Jesús Fonte é, dende hai máis de 40 anos, o primeiro en acudir aos sucesos que acontecen no Concello de Guitiriz. Dende o un de setembro é o presidente de Protección Civil e explica que ca súa experiencia aprendeu que a rapidez e a seriedade son virtudes esenciais para acudir ás emerxencias.

—Presidente dende hai pouco, pero con moita experiencia.

—En Protección Civil levaba máis dun ano de voluntario, pero levo máis de 40 facendo labores de emerxencia no concello.

—Cal foi o accidente máis traumático ao que lle tocou ir?

—Un accidente de autobús no Xacobeo do ano 1999. Un autobús envorcou antes de chegar a Teixeiro, onde remata Guitiriz. Morrera xente e para min foi unha das experiencias máis sanguinolentas que vivín.

—E cal foi a máis difícil?

—Pois eu estiven traballando como encargado máis de catro anos no antigo grupo de emerxencias supramunicipal. Prendera lume nunha nave de pintura na fábrica de reparación de bombonas que temos en Guitiriz, na saída cara a Pardiñas. Cando chegaron os Bombeiros de Lugo, eu xunto con persoal do Concello xa tiñamos o lume apagado.

—É máis difícil traballar nun sitio no que coñece a moita xente?

—Si, eu coñezo a todo o mundo. Son o traballador máis antigo do Concello e cando acontece un suceso importante, hai risco de que atinxa a algún veciño. Neste traballo, ves de todo.

—O seu é vocacional.

—Eu vivo intensamente este traballo e o que máis me doe é que sempre teño a sensación de chegar tarde. Son unha persoa que estou ao 100 %, sempre estiven.

—Ten un traballo que lle ocupa as 24 horas do día.

—Estamos dispoñibles as 24 horas de día. Imos a incendios e accidentes de coche, pero tamén cando sae o corzo ou o xabaril. Aínda hai pouco que houbo un choque de dous camións na autovía e estiven alí dende as catro da mañá ata pasadas as oito..

—E son os primeiros en chegar ao lugar do accidente.

—Moitas veces si, somos os primeiros en chegar, antes que Tráfico. Eu estou co coche preparado co material, polo que cando me chaman xa salgo inmediatamente para o sitio do suceso.

—Ten que manter a calma.

—É moi importante saber como actuar. A min, sostenme a miña experiencia. Xa son máis de 40 anos.

—Cantos son en Protección Civil?

—Agora mesmo somos nove, pero chegamos a ser máis de 20. Isto é algo moi difícil porque non cobramos un duro e a xente ten outra visión deste traballo, pero tamén merecemos que nos valoren. Os voluntarios compaxinan a súa labor en Protección Civil con outras empregos que lles permiten vivir. Ninguén vive disto porque non se cobra. Eu, por exemplo, traballo no Concello de mañá e de tarde.

—Non reciben nin unha subvención?

—Polo Xacobeo, por exemplo, a Xunta concédenos unha subvención, que gastamos en alugar a furgoneta e noutros gastos derivados das operacións, polo que non nos queda nada para nós. Se a alguén lle estou agradecido é ao Concello de Guitiriz e á Deputación de Lugo, xa que cada vez que pedimos material sempre nolo facilitan.

—Tamén se sentirá sustentado porque o elixiron presidente.

—Si, porque o antigo presidente íase retirar, polo que fixemos asemblea e xa saín elixido.

—Fálenos dun bo recordo.

—Pois tivo lugar en Lugo. Foi un curso no que aprendín moito, cos bombeiros. As prácticas, fíxenas en Monforte.