«O valor de sitios coma Guitiriz sairá reforzado»

X.M.P. GUITIRIZ / LA VOZ

GUITIRIZ

SUSO PENA

O hostaleiro Andrés Fernández, promotor da iniciativa #voltaremosxuntos, salienta a función dos establecementos e do pequeno comercio na convivencia cotiá

10 may 2020 . Actualizado a las 21:55 h.

Catro veciños de Guitiriz puxeron en marcha a iniciativa #voltaremosxuntos. Os promotores organizan conversas en Instagram con xente que vive en Guitiriz ou que marchou fóra. Fernández é un deles, e di, recoñecendo que a expresión non é súa, que o importane é facer país e facer convivencia cos veciños. «Os que vivimos en sitios coma Guitiriz ou Vilalba comos privilexiados. Temos natureza, temos tranquilidade...», afirma.

-Nas conversas tense falado do valor dos bares como lugares de encontro entre veciños. Pensando no futuro máis inmediato, hai que recoñecer máis o papel deses locais e do pequeno comercio en vilas coma Guitiriz?

-O comercio local é indispensable. O importante é que haxa medios, pero creo que se vai valorar máis o feito de vivir nunha vila. O importante á a vida en común, non o individual. É primordial que se lle dea valor ao que temos ao lado da casa.

-Reforzarase o valor de sitios coma Guitiriz?

-Debera reforzarse. Creo que si. A xente debe decatarse de que hai unha vida máis cómoda nas vilas pequenas. É primordial reforzar ese valor. Creo que se pode ser moi feliz nos Sete Muíños, exactamente igual ca nunha praia da Costa do Sol.