Auténtica paixón nos partidos de fútbol que xogaban Guitiriz e Parga

La Voz

GUITIRIZ

06 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Blanco afirma que cando chegou á comarca, os partidos de fútbol nos que se enfrontaban o Guitiriz e o Parga se vivían con auténtica paixón. As circunstancias históricas influían, pois, lembra, o Concello de Trasparga, que no século pasado deixou paso ao de Guitiriz, tivera a súa sede en Parga nalgún momento. Recoñece que tiña amizades nos dous lados, aínda que a situación, como párroco de Trasparga, non lle resultaba allea.

Si lle resultou, en cambio, algo allea a práctica do deporte. «É unha as deficiencias da miña vida. Pasounos a máis», comenta. De todos os xeitos, subliña, nin o deporte nin as xentes que o practican lle foron ou lle son estraños. «Sempre me gustou camiñar ao par de deportistas», afirma.