Antía Veres, de Guitiriz, recibiu o Plácido Castro de tradución

La Voz CARBALLO / LA VOZ

GUITIRIZ

Gañou o certame coa tradución ao galego da obra de Willa Cather, «A Lost Lady»

30 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A tradutora guitiricense Antía Veres Gesto recibiu en Corcubión o XVIII Premio Plácido Castro de Tradución por Unha muller perdida, tradución ao galego da orixinal A Lost Lady, de Willa Cather. En palabras do xurado, o seu traballo «amosa un galego extremadamente natural e próximo, empregando unha fraseoloxía propia sen alterar a atmosfera natural da novela».

No acto de entrega estivo presente o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; Xulio Ríos e Susi Castro, en representación da Fundación Plácido Castro; así como o rexedor corcubionés, Manuel Insua, e a propia galardoada, Antía Veres.

Valentín García destacou durante a entrega que, grazas a traballos coma este, é posible incorporar ao sistema literario galego obras que até o de agora se mantiveron inéditas.