Oferta de ocio para o domingo 4 de agosto

Hoxe remata o festival de Pardiñas, Castro de Ribeiras de Lea segue a celebrar as súas festas e no Courel ten lugar o Fillandón 

X.M.P.
Lugo / La Voz

O Festival de Pardiñas celebra esta fin de semana a súa edición número corenta e ponlle fin hoxe nun novo ambiente festivo. Arranca ás 11:30 horas coa mostra de instrumentos de música tradicional e cunha mostra de artesanía, para darlle paso a sesión vermú con Os Rueiriños de Nós. Ás 16:30 horas actuará Peter Punk e ás 19;00 horas haberá un pregón musical. Os Carunchos son os responsables de poñer o son ao festival ás 20.30 horas. O relevo cólleo Cantando ás corenta e ás 1:30 horas remata a festa con TT Syndicate.

Mentras, en Castro Riberas de Lea o disparo de bombas de palenque ás 11:30 horas anuncia o seu terceiro día de festas patronais. Haberá misa e sesión vermú ao redor das 14;30 horas, momento no que a meteoróloga Ana Lage lerá o pregón.

Os máis pequenos gozarán de xogos ás 18:00 horas e tamén actuará o mago Óscar Bello.

Ritmo Joven e El Combo Domincano animarán a verbena que comeza ás 22:30 horas, que será interrompida ás 1:30 horas por un espectáculo de pirotecnia.

O Filandón de Músicas de O Courel terá lugar na Ferrería de Seoane a partir das 17:30 horas. Nesta festa actuan un centenar de artistas populares de Galicia e doutras comunidades autónomas. Como novidades, estará o peche musical de Lucía Pérez, o nomeamento como primeira raíña de María Balboa e a homenaxe á cantareira, Rosario García, recentemente falecida. Tamén haberá outras actividades populares, misa, xantar tradicional baseado no freixó e diversas exposicións.

A última parada prevista de «A Barraca Camiño a Compostela» de Títeres Cachirulo é en Palas de Rei esta tarde ás 20:30 horas na Praza do Concello.

Trátase dunha barraca-retablo chea de personaxes históricos e fantásticos do Camiño de Santiago.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Oferta de ocio para o domingo 4 de agosto