O Cuponazo da ONCE deixa 450.000 euros en Guitiriz

Ana L. Cillero / M.C. GUITIRIZ / LA VOZ

GUITIRIZ

EUROPA PRESS

O premio foi repartido entre 18 cupóns, 25.000 euros cada un

29 jul 2019 . Actualizado a las 13:05 h.

O sorteo do Cuponazo da ONCE repartiu o pasado venres 450.000 euros en Guitiriz. Este case medio millón de euros foi repartido entre 18 cupóns premiados ás cinco cifras, con 25.000 euros cada un.

O vendedor da ONCE José Luis Álvarez foi o que repartiu a sorte neste municipio da Terra Chá, quen vende habitualmente produtos de xogo en ruta neste concello.

Ademais, este sorteo coincidiu coa fin de semana na que Guitiriz celebraba a súa tradicional Festa da Torta do Millo, unha das datas máis sinaladas no municipio, permitíndolles ter aos veciños agraciados un motivo de celebración dobre.