Novo recoñecemento a Alfonso Blanco

Xosé María Palacios Muruais
Xosé María Palacios GUITIRIZ / LA VOZ

GUITIRIZ

FOTO SUSO

O Iescha vén de nomealo socio de honra

16 abr 2019 . Actualizado a las 12:41 h.

Alfonso Blanco vén de acadar un novo recoñecemento, pois o Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) nomeouno socio de honra polo seu amplo traballo cultural. A distinción baséase no seu longo labor na comarca da Terra Chá, que se ten trasladado a outras zonas de Galicia. Blanco, chegado a Guitiriz no outono de 1976, foi decisivo na creación da Asociación Cultural Xermolos. Por outra banda, o seu traballo como crego e como profesor mantívose durante décadas en Guitiriz.

Esta homenaxe chega despois doutras organizadas nos últimos tempos. Por exemplo, o ano pasado foi nomeado fillo adoptivo de Guitiriz, e hai semanas foi homenaxeado por comunidades de montes de Guitiriz. Entre outros labores, Blanco é presidente da comunidade de Trasparga.