Nova visita de estudantes a Guitiriz con Díaz Castro como reclamo

GUITIRIZ

SUSO PENA

Alumnos de Vilalba visitaron lugares do concello vencellados co poeta 

22 mar 2018 . Actualizado a las 21:18 h.

A figura de Xosé María Díaz Castro (1914-1990) está a converterse nun dos reclamos para visitas a Guitiriz que teñen lugar fóra dos meses de verán. A razón das datas elixidas está en que se trata de estadías que se desenvolven coa intervención do instituto da vila. Esta mañá, a Guitiriz desprazáronse alumnos do IES Basanta Silva, que non só visitaron o barrio do Vilariño (Os Vilares), onde naceu o autor de « Nimbos», senón tamén a Casa das Palabras, onde a asociación Xermolos garda un amplo fondo documental do poeta e pezas doadas polo artista Anxo Lamas.

O coordinador de Xermolos, Alfonso Blanco, faloulles aos estudantes de autores da comarca (nomeadamente dos vilalbeses, de Xosé e de Ramón Chao Rego a María Xosé Lamas), e explicoulles a relación que ás veces se dá entre literatura e paisaxe. Xa houbo máis visitas este curso, e para maio están programadas outras máis.