A Deputación mellora en Guitiriz os accesos en Pedrafita e nos Vilares e pon en valor as escolas de Becín e Campoverde

La Voz

GUITIRIZ

O goberno provincial investiu máis dun millón de euros no último ano e medio

14 dic 2017 . Actualizado a las 12:07 h.

Os preto de 5.500 veciños de Guitiriz beneficiáronse no último ano e medio dun investimento do Goberno da Deputación de máis de 1 millón de euros, foron concretamente 1.073.000 euros que redundaron na mellora da calidade de vida de todos os guitiricenses, con novas dotacións publicas como as melloras dos camiños en Pedrafita e nos Vilares con 133.300 euros, ou a adquisición dunha depuradora de augas pluviais para o polígono de Pardiñas cun investimento de 26.000 euros, co fin de solventar o problema das escorrentias, ou mesmo a dotación de novo mobiliario para as vivendas públicas nas antigas escolas de Becín e de Campoverde cunha achega de 9.400 euros.

Sobre a xeración de emprego este Concello beneficiouse dun investimento de máis de 155.00 euros, dentro do plan de emprego da Deputación nos Concellos da provincia. Con cargo a este programa Guitiriz mellorou as prestacións publicas municipais a través da contratación por exemplo de 2 peóns de servizos múltiples, 1 conserxe e 1 administrativo, entre outros.

Servizos Sociais. O Goberno da Deputación atende a 24 maiores da provincia con 2.400 euros a través dos servizo de Telesasistencia gratuíta do Goberno da Deputación.  Ademais o organismo provincial financia con 50.000 euros o servizo de axuda de fogar, pois a Xunta non o fai.

Mellora de infraestruturas. Guitiriz mellorou con máis de 305.000 euros acesos a varios núcleos rurais, e a estrada a San Miguel a Casas Vella, grazas ao apoio económico da Deputación. Foron concretamente para; o acondicionamento e mellora vial desde a Ctra. LU-P-2301 a San Miguel, Casas Vellas e o acceso a área recreativa de San Xoan; e mellora dos accesos rurais en  Pígara a Porucelo, dende Camiño 1 a Capeal do Carmen e dende Camiño 2 a Tramo da antiga N-634; Pedrafita e Vilares.

Novas dotacións. O goberno da deputación destinou 365.000 euros para novas dotacións publicas municipais, con estes fondos, instalarase un novo colector no río Veiga. Estas obras consistirán na substitución e soterramento da tubaxe que vai ao longo do río Veiga, dende a área dos Sete Muíños e ata a depuradora de Guitiriz, mellorando, deste xeito, o saneamento deste municipio chairego. Ademais con este investimento renovouse a instalación con novos puntos de luz de baixo consumo na Rúa Boa Veciña da vila, e ademais dotouse con novo mobiliario, coa instalación de novas cociñas, nas antigas escolas de Becín e de Campoverde.

Turismo. O executivo promove a dinamización turística e cultural do municipio de Guitiriz con 12.000 euros, con cargo a este investimento realízanse a Festa dos callos, a da Canteiría e a para promoción da Festa da Torta de Millo.