Xermolos, premio Ramón Piñeiro Facer Páís

Asociacións de Láncara, de Sarria e do Corgo recoñecen o seu labor na Terra Chá


Vilalba

A Asociación Cultural Xermolos, con enderezo en Guitiriz pero con actividades que chegan máis alá da Terra Chá, é a gañadora este ano do premio Ramón Piñeiro Facer País. O xurado anunciou esta mañá, en Santiago, a súa decisión, salientando a ampla traxectoria de Xermolos.

Asociacións de Láncara, de Sarria e do Corgo formaron parte do xurado. Xermolos comezou a súa actividade a finais dos anos setenta. O Festival de Pardiñas, que ademais de concertos inclúe feiras de artesanía, é un dos seus labores máis coñecidos, aínda que o seu traballo chega a moitos máis sectores: por exemplo, atende en Guitiriz a Casa das Palabras, ten editado publicacións ou intervén na organización do antroido e na cabalgata de Reis.

Un dos seus principais obxectivos arestora é salvar da ruína a casa natal do poeta Xosé María Díaz Castro, parte de cuxo legado bibliográfico está custodiado precisamente por Xermolos. O inmoble está situado na parroquia dos Vilares, e para conseguir ese propósito Xermolos está a traballar en dúas direccións: por unha banda, tentando recadar fondos; por outro, explicando por Galicia adiante as razóns desta decisión. 

O premio acadado hoxe non ten dotación económica. A entrega celebrarase en Láncara o 11 de novembro. Xosé Neira Vilas, Luz Pozo Garza, Agustín Fernández Paz, Xosé Manuel Beiras ou Avelino Pousa Antelo foron algúns dos gañadores doutros anos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Xermolos, premio Ramón Piñeiro Facer Páís