Concertos e obradoiros para o broche final a Pardiñas

L.L.

GUITIRIZ

SUSO PENA

Fina Casalderrey ofrece o domingo o pregón

05 ago 2017 . Actualizado a las 20:04 h.

Desde o venres 4 ata o domingo • Pardiñas (Guitiriz) •

O V Certame de Cantos de Taberna polos bares de Guitiriz inaugurou o venres o Festival de Pardiñas, que se celebra ata o domingo, organizado pola Asociación Cultural Xermolos, de Guitiriz.

A programación da xornada do sábado comeza ás 17.00 coa inauguración da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional, o pregón a cargo de Antón Corral e a Mostra da Artesanía. Ás 18.00, concerto de Fernando Meireles (Portugal); ás 19.00, carreira popular; ás 19.30, sorteo dun tambor, por xenerosidade do artesán Xaneco; e ás 21.00 concertos de Bloquinhos de Xermolos, Os Melidaos, Quique Escamilla, Kalakan & Luís Peixoto, Cúig e Skandalo Gz.

O domingo haberá festa e concertos desde as 11.30 ata a madrugada:

11.30h XXVIII Mostra de Instrumentos de música tradicional

             XXXVIII Mostra de Artesanía

12.30h Obradoiro de Treboada - Oli Xiráldez

13.00h Vermú no campo con  Vintenbaio

16.30h Concerto Kote Malabar

17.30h Obradoiro de baile tradicional - Montse Rivera

18.30h Concerto os viqueiras de ordes na mostra de instrumentos

19.00h Pregón con Fina Casalderrey

19.30h Sorteo dunha gaita de buxo feita por Os Canallas

20.30h Concerto Abobriga (Galicia)

22.00h  Concerto Davide Salvado e Banda (Galicia)

23.30h Concerto Ives Labert Trio (Canadá)

01.45h Concerto Sacha na Horta (Galicia)