A Casa das Palabras de Guitiriz, decorada con pintura inspirada en escritores chairegos

X.M.Palacios / Suso Pena GUITIRIZ

GUITIRIZ

SUSO PENA

As obras doadas por Anxo Lamas están xa colocadas no local de Xermolos 

24 ene 2017 . Actualizado a las 21:20 h.

A Casa das Palabras de Guitiriz ten, dende esta semana, unha nova e especial decoración. Trátase da ampla colección de traballos do artista chairego Anxo Lamas, que doou a Xermolos 64 obras, pintura feita sobre madeira en todos os casos e inspirada en escritores chairegos de onte e de hoxe.

A intención de Lamas é que esas obras se cheguen a instalar na casa natal do poeta Xosé María Díaz Castro, situada no barrio do Vilariño da parroquia guitiricense dos Vilares, unha vez restaurada. Por agora están colocadas no local que atende Xermolos no centro da vila, se ben xa se estuda que a colección se leve a outros lugares de Galicia para expoñerse temporalmente. Para o sábado, ás sete e media do serán, está previsto un acto oficial de inauguración.