A nova asociación cultural de Guitiriz xa ten xunta directiva

GUITIRIZ

A recuperación do patrimonio e a celebración de actividades lúdicas son obxectivos establecidos

25 abr 2016 . Actualizado a las 12:12 h.

A  Asociación Sociocultural Lareira de soños, creada este ano en Guitiriz como prolongación do proxecto Os Vilares, lareira de soños xa ten xunta directiva. A asemblea celebrada o sábado serviu para nomear as persoas que farán as funcións de presidente (Antón Tenreiro). de vicepresidenta (Adriana Quijada), de secretaria (Mar Beres), de tesoureiro (Xelo Teijido) e os catro vogais (Montse Caínzos, Pas Veres, Maruchi Losada e José Luis Teijido). Recuperar o patrimonio e desenvolver actividades lúdicas e culturais son obxectivos marcados polo novo colectivo nesa etapa que vén de comezar.