Ana Moreiras: «Se non somos nós os que ollamos o rural con agarimo, quen vai ser?» 

Vén de publicar «Madia leva», con historias de base real que inclúen ficción


vilalba / la voz

Orixes familiares en Trabada e en Friol poden achegar un coñecemento firme para escribir unha obra na que o medio rural sexa o fío condutor. Anos de nenez e de mocidade vividos en Burela poden achegar distancia para que as árbores non impidan ver o bosque. Ana Moreiras empregou experiencias vitais para escribir Madia leva, obra na que o rural non semella desconectado do mundo actual: proba diso é que historias están presentadas en formato cómic. A obra presentouse no centro social de Miraz (Friol) hai varios días.

-Por que decidiu facer unha novela gráfica e non un documental?

-Non me convencía o formato da escrita. Leo moito e teño respecto á xente que escribe. Hai moita literatura sobre o rural, e creo que necesitaba outro enfoque: parece que o corpo mo pedía. Ademais estou a recuperar a paixón por debuxar. Co programa Urban sketching, que consiste en copiar do natural alí onde vaias, podes traballar e ver o que fan outros. Parecíame que o debuxo podía ser unha canle máis interesante.

-Que quixo achegar con esta obra?

-Non fun demasiado pretensiosa. Quería sacar fóra o amor que tiña polo tempo pasado no rural, polas aldeas cheas de xente, sobre todo nun tempo no que me parece que hai un ataque constante ao rural: ves que hai xente sacando adiante cousas, iniciativas, e é dificilísimo. Sublévame a falta de consideración que temos ás nosas orixes, e quixen rebelarme.

-Dáse na sociedade unha visión idílica do medio rural?

-Na presentación había xente que non só era a de Friol. O rural ten carencias, necesita apoio exterior. O noso rural é especial porque é hermético. Non podemos dicir que é idílico, porque non o é.

-Temos estereotipos sobre o rural?

-Hai esa visión idílica; pero si hai tamén unha visión realista nalgunha xente: por exemplo, Oliver Laxe. Pecamos de visión idílica; pero se non somos nós os que o ollamos con agarimo, quen vai ser?

-É posible vivir no rural?

-Hoxe, coas novas tecnoloxías, se tes un medio de subsistencia, si. Se non, que ninguén se engane: tes que depender das vacas, do clima e dos acordos coa Unión Europea. É difícil traballar no rural e non hai axudas. Se te organizas nunha cooperativa, é moito máis sinxelo; se queres vivir no rural e do rural de maneira individual, é máis difícil.

-A que público se dirixía mentres preparaba a obra?

-Conto isto a un público máis vilego: crieime en Burela e ía a unha clase de Inglés que estaba a 20 minutos da miña casa. Sería prentensioso que contase o rural á xente do rural. Falo da emancipación da muller, de matrimonios concertados ou de elementos caciquís, que son da humanidade pero que non van só dirixidos a un público rural.

(Orixe. Ana Moreiras naceu en Lugo en 1976. Ten orixes familiares en Vilaformán (Trabada) por parte paterna e en Miraz (Friol) pola materna.

 Evolución. É licenciada en Ciencias Físicas e profesora de Tecnoloxía. Vive en Boiro.

Actividade. lug

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Ana Moreiras: «Se non somos nós os que ollamos o rural con agarimo, quen vai ser?»