Carballo celebra a undécima edición da súa rapa das bestas

Carballo, no municipio de Friol, vive este domingo unha xornada especial coa celebración da súa tradicional Rapa das bestas. Unha celebración que cumpre once anos e que está impulsada pola comunidade do monte veciñal da parroquia. 

Dende primeira hora da mañá veciños e visitantes subiron ao monte para buscar aos animais e conducilos ata o curro, onde o primeiro paso é separar os potros das bestas, para dar logo paso ao espectáculo do corpo a corpo entre os aloitadores e os animais. A recuperación do cabalo de pura raza galega está no trasfondo da rapa.