Lugo: Campamentos, música, desfiles, xogos e liortas dan vida ao Friulio
A Castronela ofrecerá unha degustación de porco celta para despedir a festa e entregaranse premios de escaparatismo
Friol volve esta fin de semana a vista atrás para recrear modos de vida, costumes e crenzas das culturas castrexa e romana. O III Friulio, organizado polo Concello e a asociación de recreación histórica A Castronela, continúa hoxe con campamentos, obradoiros, xogos, espectáculos e música.
Las imágenes de la fiesta castrexa
As actividades para hoxe son as seguintes:
· 11.00h. Apertura do asentamento castrexo e do campamento romano: panadería, queixería, cestería, forxa, la, tallado de pedra e madeira...
· 11.30h. Aprendendo a tear. Lugdunum
· 11.45h. Ordine mutatio. Cohors III e Lucus Equites
· 12.00h. Xogos populares. AC Carballo Vivo, Trebas Galaicas e Astures de Carabanzo
· 12.15h. Degustación porco celta. A Castronela
· 12.45h. Liorta polo tesouro do Castro. A Castronela
· 13.15h. Sesión vermú na Praza Andón Cebreiro, con Xesta Verde e Arrincadeira Folk
· 13.35h. Entrega de premios do concurso de escaparatismo e fachadas
· 13.35h. Clausura Friulio, a cargo do escritor Xerardo Quintiá
Ademais, ao longo da mañá terán lugar diferentes desfiles castrexo-romanos e actuacións de música tradicional en distintos puntos da vila.
Comentarios