Castrexos e romanos únense en Friol

FRIOL

ALBERTO LÓPEZ

Centos de persoas daranse cita esta fin de semana no III Friulio, a tradicional festa de recreación histórica

11 may 2019 . Actualizado a las 10:00 h.

Centos de persoas participarán esta fin de semana na festa de recreación histórica castrexo-romana Friulio, que chega á súa terceira edición. A cita, organizada polo Concello de Friol e a Asociación de Recreación Histórica A Castronela, terá como escenario principal a contorna do paseo fluvial. Ademais, os comercios e as rúas da vila estarán ambientadas para a ocasión, grazas a un concurso de escaparatismo e á decoración que inclúen os veciños nas fachadas dos edificios.

A festa contará con espectáculos, animación, obradoiros, música e gastronomía, e cunha grande implicación da veciñanza. A maiores, participarán 23 asociacións de recreación histórica, dúas asociacións de música tradicional, dúas de divulgación cultural e tres culturais do municipio de Friol.

O programa para a xornada do sábado 11 é o seguinte:

· 11.00h. Apertura do asentamento castrexo: cestería, forxa, la, tallado de pedra e madeira, panadería, queixería...

· 11.00h. Chegada do druída e guerreiros a cabalo

· 11.10h. Chegada dos clans castrexos

· 11.20h. Aprendendo a tear. Lugdunum

· 11.20h. Obradoiro de pintura. Civitas Lucensis

· 11.30h. Desfile de Tropas Romanas e apertura do campamento romano

· 11.35h. Demostración de orfebrería. Terra Copora

· 11.40h. Demostración de fiado. Bolboreta Fiandeira

· 11.45h. Tiro con arco. Terra Copora

· 11.50h. Demostración de Coroza de Xuncos. Corazóns Artesáns

· 12.00h. Gastronomía castrexa. Tir na Nog

· 12.00h. Ordine Mutatio. Cohors III e Lucus Equites

· 12.15h. Xogos populares e pintafacianas. AC Carballo Vivo, Trebas Galaicas e Astures de Carabanzo

· 13.00h. Escaramuza castrexo-romana

· 13.15h. Sesión vermú con Xesta Verde

· 13.35h. Entrega de obsequios ás asociacións participantes

· 16.40h. Obradoiro de complementos. Lugdunum

· 16.50h. Demostración de tear castrexo. Corazóns Artesáns

· 16.50h. Obradoiro de pintura. Civitas Lucensis

· 17.00h. Demostración de fiado. Bolboreta Fiandeira

· 18.00h. Descenso en balsa do río Narla. Tir na Nog

· 19.30h. Asedio ao Friulio

· 23.00h Forget La France, McKuin (Tributo a Queen), Exit e David Expósito (DJ)

O domingo seguirán as actividades desde as 11.00 ata as 14.00 horas.