Friol acolleu onte a oitava edición da Feira do Gando Vacún de carne que volveu a ser referente en toda a provincia. Este encontro, no que foron presentadas cerca de 250 cabezas de gando, confírmase como un dos máis relevantes de Galicia, pola calidade e excelente presentación dos exemplares de diferentes ganderías.

O alcalde, José Ángel Santos, dixo que este ano bateron récords de participación. No recinto do mercado xa non quedou máis sitio. Nalgún momento funcionaron rociadores de humidade para facer fronte á calor.

A Gandería Morena, de Nodar, arrasou. Levou cinco primeiros premios e un segundo nas distintas categorías do concurso, entre eles a distinción polo mellor lote presentado. José A. Ferreiros, de Sabarei (O Corgo) tivo un primeiro premio, un segundo e dous terceiros. Tamén levaron premios Rubén Penín, de A Portela; Estrella Buján, de nodar (os dous de Friol) e Gandería Santalla do Corgo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Tags
Comentarios

Friol, capital do gando vacún de carne