A Rede Museística festexa as Letras Galegas

A Deputación presentou a programación cultural e lúdica para esta semana


A Deputación de Lugo organizou un programa de actividades para celebrar as Letras Galegas e a Semana dos Museos. A deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou os actos para estes días. Ademais, explicou que a Deputación doou libros a 7.000 alumnos de 45 centros de ensino da provincia para deseñar actividades didácticas en torno á figura de María Victoria Moreno.

Praza de San Marcos

· Obradoiro gratuíto para todos os públicos de estampación, no que se poderán realizar retratos de María Victoria. Estará aberto hoxe, martes 15, de 17.00 a 19.00 horas. Esta actividade, que non require inscrición previa, realizarase nunha carpa.

· Concerto da Tradescola, acompañado da Escola Municipal de folclore de Betanzos. Será mañá, mércores 16, a partir das 19.30 horas.

Semana dos Museos

O executivo Provincial conta ademais cunha programación específica para conmemorar a Semana dos Museos 2018 na Rede Museística Provincial. Para poder participar, as persoas interesadas poden inscribirse de xeito gratuíto no Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo, ou no museo onde se impartan as ditas actividades. A programación é a seguinte:

Museo Provincial de Lugo

· Obradoiro de iniciación ao gravado. Estampación. 18 de maio. Dirixido a Club Pequeamig@s (a partir de 8 anos). 16.30-18.00h. 15 prazas. E noutra quenda para adultos, de 18.30 a 20.00h. 15 prazas.

· Obradoiro Falar coas mans. Dirixida a familias, para traballar a perspectiva de xénero a través da expresión plástica, promover a igualdade de xénero, fomentar o empoderamento das mulleres e promover o pensamento crítico a través do diálogo. 19 de maio, de 18.00 a 19.30h. Dirixido a parellas, familiares (avós/avoas e netos/netas a partir de 6 anos). 15 prazas: 15 parellas (adulto + neno/a). Este obradoiro foi seleccionado entre os vinte mellor valorados na Bienal Miradas de Mujeres 2018.

Museo Provincial do Mar de San Cibrao (Cervo)

· Obradoiro Falar coas mans. Interxeracional, dirixido a familias para traballar a perspectiva de xénero a través da expresión plástica. 19 de maio de 12.00 a 13.30h. Dirixido a parellas familiares (avós/avoas e netos/netas a partir de 6 anos). Prazas: 15 parellas (adulto + neno/a). Inscrición previa, gratuíta.

Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol)

· Obradoiro Falar coas mans, dirixido a familias para traballar a perspectiva de xénero a través da expresión plástica. 18 de maio de 17.00 a 18.30h. Dirixido a parellas familiares (avós/avoas e netos/netas a partir de 6 anos). Prazas: 15 parellas (adulto + neno/a). Inscrición previa, gratuíta.

Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos)

· Obradoiro Falar coas mans, dirixido a familias para traballar a perspectiva de xénero a través da expresión plástica. 17 de maio de 12.00 a 13:30h. Dirixido a parellas familiares (avós/avoas e netos/netas a partir de 6 anos). Prazas: 15 parellas (adulto+ neno/a). Inscrición previa, gratuíta.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

A Rede Museística festexa as Letras Galegas