A Deputación mellorará en Friol os viais de Carballo a Laxe, Silvela, Currás, e os accesos rurais da Gandara, Ferreira, Mundin a Bustelo e en Castro-Cancela a Ximondriz

Os veciños beneficiáronse dun orzamento de máis de 1,2 millóns de euros


O veciños de Friol beneficiaronse dun orzamento de máis de 1,2 millóns de euros nos últimos 18 meses que melloraron a calidade de vida de todos os seus veciños. O Goberno da Deputación mellorará con preto de 278.000 euros os viais de Carballo a Laxe, Silvela e Currás; a pavimentación dos camiños da Fonte do Can, o rodo do Muiño, Tralacorda e o Burgo do Negral e os accesos á Gandara, Ferreira, Mundin a Bustelo, cruce a Castro-Cancela a Ximondriz.

Infraestructuras;

76.951 euros para o acondicionamento de accesos aos núcleos de Xiá-Retede , Trasmonte-Vilarmende; Transmonte-Piñeiro, Pedramaior, Leboreira e a Cabeza da Vaca.

32.649 euros para melloras na rede de alumeado publico na Avenida de Lugo, Avenida de Begonte e no Cuartel da Garda Civil.

5.600 euros para cabalgata, mobiliario do centro social de Cotá, e gimnasia de mantemento.

Investimentos;

Arranxo da LU-P-2101 de Friol a Parga con 300.000 euros

Plan de melloras no medio rural; 96.942 euros

277.968 euros en 4 obras;

-melloras en viais de Carballo a Laxe, Silvela, Currás

-pavimentación dos camiños Fonte do Can, o rodo do Muiño, Tralacorda e o Burgo do Negral

-pavimentación de camiños e accesos á Gandara, Ferreira, Mundin a Bustelo, cruce a Castro-Cancela a Ximondriz

-actuacións nas escolas unitarias de Tain, campo da feira e Laxe.

Emprego; 265.402 euros dentro dos programas de emprego Deputación, con cargo este investimento contrataronse 12 traballadores en paro. Entre eles o Concello beneficiuse da contratación de 6 peóns para espazos naturais, entre outros.

Servicios sociais; un investimento de máis de 53.000 euros para prestar atención profesional  a preto de 50 maiores que a Xunta non atende.

Turismo; 3.000 euros para a Feira do queixo.

A Fundación TIC da Deputación colabora coa promoción do primeiro Friulio, o encontro de asociacións de recreación castrexa e romana que se celebra o 25 e 26 de marzo en Friol con motivo dos 25 anos da Feira do Queixo e Pan de Ousá.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Deputación mellorará en Friol os viais de Carballo a Laxe, Silvela, Currás, e os accesos rurais da Gandara, Ferreira, Mundin a Bustelo e en Castro-Cancela a Ximondriz