Habilitadas catro rutas alternativas polo corte ao tráfico da ponte de Santo Estevo

lugo / la voz

FRIOL

ALBERTO LÓPEZ

A Deputación recomenda seguir estradas municipais

06 abr 2016 . Actualizado a las 10:49 h.

Catro rutas alternativas foron preparadas pola Deputación de Lugo para facer fronte ao corte de tráfico da Ponte de Santo Estevo no río Ladra, na estrada que vai de Rábade a Friol. Unha posibilidade é utilizar o acceso pola LU-0802 e logo pola 3902. A segunda é acceder a Penas de Rodas e logo seguir pola LU-5101 en dirección a Vicinte para chegar logo ao cinto comarcal.

Os usuarios procedentes de Friol poden seguir a Penas de Rodas ou ben seguir pola LU 3902 e proseguir pola 0902, dirección Begonte.

Tamén hai pistas municipais que só son aconsellables para os residentes na zona.