
A cita terá lugar os días 23 e 24
19 abr 2022 . Actualizado a las 13:46 h.Sábado 23 e domingo 24 • Feira do Monte (Cospeito) •
Cospeito recupera esta fin de semana a XXXI Feira de Maquinaria Usada e Artesanía, un referente no sector. Tamén se celebra a XV Feira de Antigüidades, con anticuarios de toda Galicia, ademais da II Exposición de Coches Clásicos. O recinto feiral estenderase por varios espazos da localidade. O programa de actos é o seguinte:
VENRES 22
· Entrada de expositores de maquinaria e artesanía no recinto feiral, ata as 22.00 horas
SÁBADO 23
· 10.00h. Acto de apertura do recinto feiral
· 10.30h. Apertura do pavillón municipal dos deportes, cunha ampla e variada exposición de anticuarios
· 11.00h. Presentación de maquinaria
· 12.30h. Recepción de autoridades
· 13.00h. Inauguración oficial da feira
· 13.30h. Visita de autoridades ao recinto feiral
· 20.30h. Peche do recinto feiral
DOMINGO 24
· 9.00h. Apertura do recinto feiral
· II Exposición de Coches Clásicos
· 13.00h. I Festa da Música, na Praza da Feira, coa Banda de Gaitas Dambara, de Burela; e Asubíos da Chaira, de Cospeito; coa colaboración de Asubiiños
· 20.30h. Peche e clausura