Cospeito celebrará o sábado a 30.ª edición da Feira do porco da ceba

La Voz

COSPEITO

24 nov 2018 . Actualizado a las 10:43 h.

O sábado, 24 de novembro, en Feira do Monte, celebrarase unha das feiras máis propias desta época. Na capital de Cospeito terá lugar a 30.ª edición da Feira do porco da ceba, que ofrece a posibilidade de comprar animais para despois sacrificalos na casa, así como de degustar diversos produtos porcinos. O evento arrancará ás 8.00 horas coa apertura do recinto feiral para a entrada dos exemplares que desexen participar nun concurso. Ás 11.00 horas abrirase ao público en xeral. A feira rematará ás 13.00 horas cunha entrega de premios.