Cursos de balde na Reserva da Biosfera dos Ancares

A Deputación ofrece máis de 115 prazas


A Deputación de Lugo presentou o programa de actividades de balde para a Reserva da Biosfera dos Ancares. O deputado Argelio Fernández Queipo explicou que poderán participar máis de 115 persoas de todas as idades, en Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna. Os interesados poden inscribirse a partir de mañá ás 12.00 horas en www.deputacionlugo.gal ou no 982 227 812.

BECERREÁ. Centro de Servizos Sociais do Concello:

· Obradoiro de elaboración de conservas artesanais. Mércores 7 de marzo, 16.00-20.00. 20 prazas adultos.

· Obradoiro de elaboración de licores artesanais. Mércores, 21 de marzo, 16.00-20.00. 20 prazas para adultos.

CERVANTES. CPI de Cervantes:

· Obradoiro de elaboración de queixos frescos. Mércores 28 de febreiro, 16.00-19.00, e mércores 7 de marzo, 16.00-20.00. 20 prazas adultos.

· Obradoiro de deshidratación de froitas e hortalizas. Mércores 14 de marzo, 16.00-20.00. 20 prazas adultos.

NAVIA DE SUARNA. Escola de Barcia:

· Obradoiro de herbas máxicas para a fabricación de ungüentos. Mércores, 21 de febreiro, 16.00-20.00. 20 prazas adultos.

· Obradoiro de arxila para nenos. Venres 30 de marzo, 16.00-20.00. 15 prazas para nenos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Cursos de balde na Reserva da Biosfera dos Ancares