Lugo: Unhas xornadas analizarán en Cervantes a xestión e a produtividade do monte
Serán o xoves 1 e o venres 2
Xoves 1 e venres 2 • 16.30-20.00 horas • Edificio multiusos de San Román de Cervantes •
Unhas xornadas analizarán en Cervantes a xestión e a produtividade do monte. A iniciativa está organizada pola ANPA do CPI de Cervantes, o CDR Ancares e a Cooperativa A Carqueixa. Programa:
Xoves 1
· 16.30h. Producións complementarias do monte, Antonio Rigueiro Rodríguez (doutor Enxeñaría en Montes)
· 17.30h. Café
· 17.45h. Xestión de propiedades forestais, Santiago Fraga Sáenz (Cons. Medio Rural)
· 18.30h. Nocións básicas da fiscalidade nas CMVMC, María del Carmen Pardo Santiso (Aldara Asesores)
Venres 2
· 16.30h. A xestión do monte: unha visión dende Cervantes, Ramiro Martínez Carballosa (cura)
· 17.00h. Os cogomelos como aproveitamento forestal secundario, Julián Alonso Díaz (Prod. Vexetal da Politécnica)
· 17.45h. Café
· 18.00h. Valorización do monte a partir do uso multifuncional, José Manuel Iglesias Espiño (CMCMC de Carballo, Friol)
Comentarios