Artesanía para defender o ensino na montaña

CERVANTES

O 9 de agosto haberá en Cervantes un Encontro de Artesanía

27 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Mércores 9 de agosto • San Román de Cervantes •

Cervantes continúa coa defensa do ensino na montaña lucense. O Concello e a ANPA do CPI Cervantes organizan para o 9 de agosto o VI Encontro de Artesanía, con produtos típicos e arte tradicional. Os postos abrirán ás 11.00 no polideportivo municipal: cerámica, tear, coiro, mel, embutidos, pan...; ás 18.00, VII Aberto de Billarda do Urogalo; ás 19.00, teatro con Pingüinsos, a cargo de Lucecús Teatro; e ás 20.30, entrega de premios do concurso de pintura e torneo de billarda. Ademais, haberá taller de grafitis para nenos, mostra de pintura e fotografía de Os Ancares, concurso infantil de pintura rápida «Pinta a montaña», música, taller de cestaría...