«Soutomerille é da miña familia, xa existía antes de que houbese bispado»

Valcarce litiga pola propiedade dunha igrexa con cemiterio en Castroverde

Antón Valcarce coa árbore xenealóxica de primoxenitura da súa familia, que mide varios metros de lonxitude
Antón Valcarce coa árbore xenealóxica de primoxenitura da súa familia, que mide varios metros de lonxitude

lugo / la voz

Antón Valcarce (Monforte de Lemos, 1952) ten claro que a igrexa e o cemiterio de Soutomerille, en Castroverde, pertence á súa familia xa que forma parte do Real Coto. Ao igual que sucedeu hai seis anos, cando se soubo que a Casa de Alba dixo que a torre de Doncos (As Nogais) non era da súa propiedade, Valcarce volve presentar documentos que demostran a propiedade do templo de Castroverde, pero neste caso con máis entrega persoal.

-Cando e como se enterou de que o Bispado rexistrou a igrexa de Soutomerille?

-Pois cando me enviaron hai algo máis dun ano un burofax. As formas son escandalosas, cun papel no que o bispo declara a propiedade. Soutomerille é unha casa única, forma parte dun real couto de 21 hectáreas que herdei do meu avó, que era xuíz. Teño inscrita a finca e por ela pago os recibos da contribución. Meu pai chegou a un acordo cun sacerdote que era encargado, non o dono, para que o camiño pasase entre a casa e o templo.

-Pero o Bispado di que hai documentos que falan de anos de oficios relixiosos.

-Pero que recorde eu había algún culto de maneira puntual. O último foi a comuñón dos meus fillos en 1993, e tiven que traer un cura de Paradela porque non había. Por suposto que ten pía bautismal, e tamén celosía mudéxar, pero é que a igrexa xa estaba antes que se houbese Bispado. Os señores de Soutomerille tamén foron donos da Capela do Carme, en Lugo, no Camiño Primitivo. Eran, como no caso da igrexa de Castroverde, por patronato. Que sexa un edificio relixioso non significa que sexa unha propiedade do Bispado. Ademais de Soutomerille e do Carme, temos o exemplo do colexio dos Escolapios de Monforte, que é da Casa de Alba, e cobra por entrar, fan vodas e funerais... pero iso non quere dicir que sexa da Igrexa.

-Non quixo chegar a ningún acordo coa Igrexa?

-É que non teño nada que conciliar. Durante anos o único que se preocupou desa igrexa fun eu, con denuncias ante a Garda Civil por roubos e danos que se producían. E que agora veñan con esta inmatriculación...

-Creo que vai levar testemuñas ao xuízo.

-Si, entre elas ao alcalde de Castroverde e ao presidente da asociación de Amigos do Patrimonio. Eu sempre abrín a igrexa a quen quixese vela, e incluso a celebracións, como pasou no concerto que deu alí Tundal. É que o que está a facer o Bispado de Lugo é un escándalo por completo. Por exemplo, hai pouco vendeulles aos veciños de Tuiriz por 38.000 euros a casa reitoral desta parroquia do municipio de Pantón. Ou sexa, unha casa que era para o uso do párroco, inscríbena como súa e logo véndena aos mesmos que sufragaron a súa construción. E así están a facer con máis propiedades noutros casos dos que tamén teño constancia, pero por min non pasan.

La Iglesia urge a una solución para evitar que avance el deterioro del monumento

En la denuncia presentada por el obispado contra Antón Valcarce para reclamar la propiedad de la iglesia parroquial de Soutomerille, se indica claramente que el templo es un bien catalogado por la Xunta «y urge no dilatar las obras de cuidado y mantenimiento de que fue advertido el Obispado».

Los autores de esta denuncia se refieren con esta alusión a que la Guardia Civil, en julio del 2002, emitió un informe, según el obispado en cumplimiento de sus funciones de control y vigilancia del Camino Primitivo, en el que hacían constar los daños y se dejaba constancia del abandono de la iglesia. En el se habla de que el cementerio está cubierto de vegetación, que la puerta de la iglesia no tenía cerrojo pasado y que recogieron los candelabros que había en el interior para evitar un expolio y después se los entregaron a la Dirección Xeral de Patrimonio.

Quién paga las obras

Según portavoces del el Obispado de Lugo, la Consellería de Cultura les pidió a ellos información relativa al titular del templo, porque según la Lei de Patrimonio el dueño del edificio es el que tiene que encargarse de las obras que sean necesarias para conservación del monumento en un buen estado.

Los responsables del obispado contestaron a la consellería que esa iglesia es de su propiedad «desde tiempo inmemorial» que» y que sempre se ha utilizado «al uso religioso propio de la Iglesia».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

«Soutomerille é da miña familia, xa existía antes de que houbese bispado»